Informativo semanal RFM _ 3-4-2025

radiofilispim
Sprache: Galician
Source:
Now Playing

1/1informativos_3-4-2025

00:00
00:00
1 Kapitel
  • 1. informativos_3-4-2025

Über

Informativo semanal da Rádio FilispiM, 3/4/2025

  • SUMARIO:

A intervención da portavoz da Plataforma S.O.S Sanidade pública no Pleno municipal do Concello de Ferrol do pasado xoves 27 de marzo, pon nervosos aos monaguillos do partido popular desta cidade. Nolo conta o noso compañeiro Antonio.

Noticias Dialogadas. O traballo dos coidados as persoas maiores é un servizo esencial maiormente en mans do sector privado. Grandes corporaçons repartem-se o pastel de milleiros de milhons de euros. Un deses dóces chámase Galiza, un pais envellecido onde máis do 25 por cento da poboazón supera os 65 anos. En Ferrol os dados de persoas con dependenza recoñecida non atendida é alarmante. Nolo contarán, Lupe e Inacio.

Precisamente, O Faladoiro de Filispim, tratou na súa última edición do Edadismo, da soidade non desexada e mortes sen compañia, que comezan a ser habituais na cidade de Ferrol. O siquiatra Manolo Castro e a arquitecta María Fernández Lemos, foron convidados nesta ocasión. Cesar Pita, convídanos a seguilo a través desta sintonía ou podcast en: opaii.blogspot.com

A pasada segunda feira en Ferrol tivo lugar umha nova concentraçom convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina, dentro dumha jornada nacional contra o genocídio e o apartheid. Bruno Teixeiro leu o comunicado e o médico gazatí afincado em Ferrol, Amir Ismail Hejazy, tivo umhas palavras de agradecimento. Inacio, estivo alí e nolo contará.

"De minas e lixo". Comochoconto, da Radio Raposeira, de novo na FilispiM.

Mortes na mina. Cinco traballadores mortos e catro graves no concello de Degaña en Asturies. A mina non tiña permiso para extración deste minera. Nolo conta Oskar, desde Rádio Raposeira.

Nace na Galiza a Plataforma Galega pola paz, contra o militarismo, a OTAN e a guerra. Para o mércores 9 de abril convocan concentracións nas sete cidades do noso país. Informa, Lupe Ces.

O Colectivo Memoria Histórica Democrática presenta o libro "Alejandro Viana, un galego ao fronte do rescate dos refuxiados republicanos", escrito por Roberto Meras Cobas. Será o vindeiro sábado 5 de abril, no Museo de Humor de Fene. Informa Fer Ocampo.

A segunda novela de Miguel Castro Serantes, "La Cuadrilla de las Olas Rotas", está publicada por Fuco Buxán e será presentada o xoves 10 de abril as 7 do serán no CC de Canido en Ferrol. Informa pequeno monstro.

As Comadres das Letras presentan o seu segundo libro "Cereixas Roubadas" nunha sesión vermú literaria con música en directo, este sábado 5 de abril, ás 13h, no Centro Cívico de Canido (Ferrol). Informan Flora Miranda e Ana Lucecú.

Un clásico no informativo da Rádio FilispiM, as actividades da Fundación Artábria para esta semana. En detalle polo noso compañeiro Jorge Mirancos.

A plataforma SOS Sanidade Pública, convoca a unha manifestación en Compostela o domingo 6 de abril.

Marchamos a ritmo de jazz. Baldo Martínez Sextet, o novo proxecto do mítico contrabaixista ferrolán,  aterrará no Teatro Jofre de Ferrol o venres 11 de abril.

Condución/edición: pequeno monstro / Redación: equipa informativos RFM.

Kommentare

Seien Sie der Erste, der kommentiert

Es gibt noch keine Kommentare zu diesem Inhalt. Beginnen Sie die Diskussion!

Tags: Informativo semanal RFM _ 3-4-2025 audio, Informativo semanal RFM _ 3-4-2025 - radiofilispim audio, free audiobook, free audio book, audioaz

SPONSORED AD