Informativos RFM 28 11 2024
SUMARIO 27/nov/2024
"É tanto pedir?" O AMPA da escola Galiña Azul de Esteiro Ferrol piden a Consellaría de Política Social da Xunta de Galicia melloras para o cadro de persoal e servizos educativos na etapa preescolar.
Pleno no Concello de Ferrol. Este xoves 28 de novembro terá lugar un Pleno, que entreoutros asuntos tratará a proposta inicial para os orzamentos municipais para o ano 2025. Un dos documentos máis importantes que elabora o concello, que reflictirá gastos, ingresos e investimentos... Nolo explica Inacio.
Aliana Corral do Colectivo BBTT, fala do 17N, Día Mundial do BB prematuro
Partera Guerrillera, sanitaria, co gallo do 25N, "Día internacional para a erradicación das violencias contras das mulleres", fálanos dunha delas, a Violencia Obstétrica.
Nerea Calvo Beceiro, co gallo do 25N, fala da histórica Fábrica de Conservas El Cisne de San Sadurniño, resultado das ZUR, Zonas de Urxente Reindustralización a mediados dos anos 80 como consecuencia da crise do sector nava.
NOTICIAS DIALOGADAS, Inacio e Lupe segue... "A voltas co tren"
Edu, "Comochoconto" desde Radio Raposeira fálanos fala da Cume do Clima e da Conferencia das Partes, mais coñecidas polas súas siglas en inglés, COP, que vén de levarse ao cabo en Bakú, capital de Azerbaixán
O filme Prefiro Condenarme, parte dun xuízo por adulterio contra unha mariscadora da ría de Ferrol durante a ditadura, en 1972. A violencia, o abuso, a falta de dereitos das mulleres xunto a un ambiente social opresivo, forman parte desa historia real.
A cantante i experimentadora galega, Mónica de Nut, autora da música orixinal do filme, fala do proceso colaborativo e compositivo neste filme que vén de ser apresentado en moitas cidades de Galiza, dentre delas Ferrol.
AXENDA.Concerto de Zavala, sábado 30 de novembro, ás 10 pm no centro social Artábria, na rúa Batallóns, Esteiro. Presentarán o seu traballo "Pequeño Manual para Grandes Cambios", publicado por Ferror Rcds. Entrada de balde.
AXENDA primeras xornadas VIHsibles Ferrolterra, en xornada de mañá, o sábado 30 de novembro e domingo 1 de decembro no Ateneo e CC de Canido, respectivamente. Organiza AVANTE LGTB+ Ferrolterra.
AXENDA. Galiza con Palestina. Dentre as moitas concentracións subliñamos a as que terán lugar no noso ámbito: Ferrol e Pontedeume o luns 2 de decembro ás 8 pm nas prazas dos Concellos.
1/1informativos RFM_28-11-2024
Kommentare
Seien Sie der Erste, der kommentiert
Es gibt noch keine Kommentare zu diesem Inhalt. Beginnen Sie die Diskussion!