《Informativos RFM 05 02 2025》 - 免费有声读物

《Informativos RFM 05 02 2025》 - 免费有声读物

作者:

语言:Gagauz

类型:

1 / 1informativos RFM_05-02-2025

00:00
00:00
1 章节
  • 1. informativos RFM_05-02-2025

关于

Boletín informativo da FilispiM, 6/2/2025

SUMARIO:

- Noticias Dialogadas. Lupe e Inacio fálannos da nova axuda fake da Xunta de Galiza, un capítulo máis do servizo de propaganda do Partido Popular.

- Comunicado Galiza Anti-OTÁN. O noso compañeiro Comochoconto, da Radio Raposeira, fáise eco dunha convoatoria co gallo do famoso referendum da OTAN en 1996. Unha Xornada Galega contra a OTAN e pola paz mundial prevista para o 12 de marzo en toda Galiza.

- Nace "O Faladoiro", un novo programa realizado polas persoas integrantes e colaboradoras do Colectivo Opaíí-Rádio FilispiM. O noso compañeiro Vicente cóntanos os detalles desta iniciativa, informativa, comunitaria e participativa.

- Presentación do xogo "Feminismos no Tempo". Sexta feira 7 de febreiro as 7:30 pm no local da Asociación Artábria en Esteiro, nolo conta Xorxe Mirancos.

- Ciclo de Cultura Democrática, "Cóntamo ti", organizado pola Asociación de Veciñanza de Canido e Colectivo Muiño do Vento. Venres 21 de febreiro ás 7:30 pm no CC de Canido. Abrirán esta nova edición xornalistas da CRTVG que sofren a intromisión política do seu traballo informativo. Nolo conta Celia Fernández.

- A Escola Universitaria de Enxeñaría de Ferrol xunta o venres 7 de febreiro a máis de 20 firmas no seu I Encontro co Empresas. A xornada inclúe dúas mesas redondas: "Retos para as Enxeñarías 2030" e "Hai vida máis aló das grandes empresas".

- O autor ferrolán Marcos Mella convídanos a acudir á presentación da reedición de 300 Meses. Hotel La Torre do Lago (Valdoviño), venres 7 de febreiro ás 7:00 pm. Haberá música e sinatura de exemplares do CD.

- Despedimos con tralla. Ghorxa, unha banda ferrolá, entre a sicodélia, o grunge e outras herbas, que ven de lanzar un novo traballo resultado dunha sesión de directos. Ferror Records, que vén de cumprir 10 anos, publica o artefacto.

Condución/edición: equipa informativos Filispim

评论

成为第一个评论的人

此内容还没有任何评论。开始对话吧!

标签: Informativos RFM 05 02 2025 audio, Informativos RFM 05 02 2025 - radiofilispim audio, free audiobook, free audio book, audioaz